Colocan a segunda estatua dedicada ao belén de Begonte
O Rei Herodes e o seu castelo estarán na Feira de Nadal organizada polo Concello de Begonte, que se celebrará os días 17 e 18 na praza dos Irmáns Souto Montenegro e rúas adxacentes.
Esta é a segunda das estatuas do artista lucense César Lorenzana que se colocarán nas 19 parroquias do concello para marcar un Camiño ao belén que rematará na Praza Irmáns Domínguez Guizán, á beira do belén electrónico, con figuras inspiradas en motivos do Belén.
A primeira das estatuas –botas dun camiñante ao belén– está xa colocada nas inmediacións da sede do nacemento, e a súa maqueta foi entregada ao Papa en Roma polas primeiras autoridades do concello o pasado mes de novembro, á vez que o invitaban a visitalo no seu cincuentenario.
Esta segunda estatua foi colocada onte no lugar central da celebración da Feira de Nadal e, rematada a Feira, será colocada no seu emprazamento definitivo.