Colocan en Muras as trampas contra a vespa velutina

TerraChaXa
O Concello de Muras deu comezo esta Semana Santa a unha serie de accións encamiñadas á mellora do sector agrario no tempo municipal "e sempre respetando o decreto de actividades esenciais do estado de confinamento", aseguran.
92357249_3500526229962457_5762498844415754240_n
13 Abr 2020

O Concello de Muras deu comezo esta Semana Santa a unha serie de accións encamiñadas á mellora do sector agrario no tempo municipal "e sempre respetando o decreto de actividades esenciais do estado de confinamento", aseguran.

A primeira medida consistiu na instalación de trampas para a erradicación da vespa Velutina localizadas dentro do termo municipal. Así mesmo deron comezo os traballos de entutorados e remudas nas plantacións de castiñeiros da aldea etnográfica.

Por último, o concelleiro socialista Mario Rouco indicou que, tras a xestión realizada, teñen concedidos 25 composteiros individuais de 400 litros do programa de compostaxe doméstico de Sogama. O reparto dos mesmos levarase a cabo cando a administración abscrita a Sogama o permita, ao rematar o estado de alarma.

0.17577815055847