Colocan novas bandas redutoras de velocidade no centro urbano e nas parroquias de Vilalba

TerraChaXa
O modelo de banda elixido foi o menos agresivo do mercado
modesto-renda-bandas-redutoras-velocidade
17 Out 2024

O tenente de alcalde e responsable de mobilidade Modesto Renda informou da adopción de medidas de calmado de tráfico na rúa Benxamín Paz e nos puntos máis conflitivos da zona rural.

"Unha nova actuación en aras de mellorar a seguridade vial que se complementou coa recolocación das dúas bandas reductoras da velocidade que causaban un trastorno na calidade de vida da veciñanza", explicou.

Así, reforzouse a sinalización e colocáronse novas bandas redutoras da velocidade na rúa Benxamín Paz (Centro urbano) e nas vías de acceso a Moscarán (Árbol), á Escoira (Xoibán) e a Frouxeira (Sancovade).

Tamén se recolocaron as da rúa da Feira e Ferrería (Centro urbano) e nos próximos días está prevista a colocación de novas bandas na vía de acceso á Igrexa (Mourence).

Tal e como explicou Renda, o modelo de banda elixido foi o menos agresivo do mercado (3 cm de altura) e a solicitada medida complementouse coa colocación de sinalización vertical, "co fin de darlle cumprimento á lexislación vixente".

0.18845891952515