Colocan unha escultura de Víctor Corral no polígono de Friol

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Friol vén de colocar nunha das zonas verdes do Polígono Empresarial unha escultura de Víctor Corral e Xavier Varela.
escultura victor corral friol portada
13 Abr 2021

Friol segue humanizando os seus espazos públicos. En este caso o Concello de Friol vén de colocar nunha das zonas verdes do Polígono Empresarial da localidade unha escultura que reflicte un dos símbolos que ten este municipio, como son o guerreiro e a serpe. É unha obra realizada polo artista Víctor Corral coa colaboración de Xavier Varela.

Moi agradecidos por a implicación de ambos, para que tanto veciños como visitantes poidan coñecer parte da nosa historia a través desta escultura.

escultura corral friol
0.10024213790894