Colocan uns paneis e abre unha mostra sobre os achados do Castro de Saa

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza instalou dous paneis informativos sobre o Castro de Saa en Fonmiñá e no Castro de Saa e abriu unha mostra no CIN.
paneis castro de saa pastoriza primitivo
22 Dec 2021

O Concello da Pastoriza instalou dous paneis informativos sobre o Castro de Saa en Fonmiñá e no Castro de Saa. Este castro é un asentamento fortificado da Idade de Ferro situado na parroquia de Baltar, un dos máis monumentais e singulares da provincia de Lugo.

Os paneis con guías QR permiten coñecer o patrimonio histórico cultural do Concello e, xunto coa exposición dos achados feitos no castro, situada no Centro de Interpretación (CIN) de Bretoña, mellora sustancialmente a oferta cultural da Pastoriza.

Así, neste centro cultural da vila abriu unha mostra con varias das pezas atopadas nas distintas escavacións que se fixeron nos últimos anos no castro de Saa.

Trátase dunha colección dunha trintena de restos que se sitúa na planta inferior do CIN, que xa está dedicada á prehistoria da rexión. Nela pódense ver catro vitrinas con distintos obxectos así como paneis explicativos sobre os mesmos. Así mesmo, outro punto da exposición fala do xacemento no que foron localizadas estas pezas e os traballos que se foron realizando desde que no verán do 2016 empezouse a escavar na zona.

Entre os obxectos que se poden ver hai unha pesa de tear ou pandus, unha fusayola, restos de tégula e terra sigilata, contas de colar de vidro, cerámica con motivo estampillado e outros restos con decoración plástica, anacos dun recipiente de uso ritual, distintas potas e cuncos cerámicos, un vaso, unha base de castañera e pedras de muíño.

Polo de pronto, a intención é que a mostra estea durante un ano pero no descartan que moitas das pezas queden de forma permanente neste centro.

As tarefas de escavación no Castro de Saa estiveron dirixidas por Emilio Ramil González, de Axa Arqueoloxía.

mostra CIN castro de saa
0.20019197463989