Comandante Lara visita As Pontes en maio

TerraChaXa
Luis Lara, coñecido como Comandante Lara, visitará As Pontes co seu novo espectáculo o 21 de maio, ás 20.00 horas no Cine Alovi.
comandante lara as pontes portada
14 Abr 2022

Luis Lara, máis coñecido como Comandante Lara, é un auténtico fenómeno mediático nos últimos anos. Visitará As Pontes co seu novo espectáculo o 21 de maio, ás 20.00 horas no Cine Alovi.

Co seu humor directo, arriscado, toca cousas comprometidas, provoca que ao mesmo tempo que nos ruborizamos non poidamos parar de rir nin un só segundo.

Nesta ocasión ven acompañado de Jesús Tapia e Vicente Ruidos que farán as veces de teloneiros.

Un novo show no que Luis Lara, exercendo de Comandante, levará a voz cantante, e nos falará da sua relación co seu cuñado Ramiro, da súa situación tras deixalo a moza … vamos, unha voráxine de penas.

Un novo show de monólogos ao mais puro estilo gaditano que non deixará indiferente a ninguén

0.20687389373779