Combo Dominicano e París de Noia, na programación das festas de Árbol

TerraChaXa
A parroquia de Árbol volverá celebrar por todo o alto a súas festas patronais na honra a San Lorenzo que terá lugar sábado e domingo.
festas san lorenzo de arbol portada
2 Aug 2022

A parroquia vilalbesa de Árbol volverá celebrar por todo o alto a súas festas patronais na honra a San Lorenzo que terá lugar sábado e domingo.

As celebracións abriranse cunha misa ás 13.30 horas seguida dunha procesión que estará amenizada por Cerna de Árbol. A continuación, seguirá a sesión vermú, que estará ao cargo de M-3 Show.

Este mesmo grupo actuará pola noite xunto á orquestra París de Noia.

O domingo continuará a celebración de novo con oficio relixioso á mesma hora e tamén procesión con acompañamento musical. A sesión vermú estará ao cargo do grupo Fénix e pola noite repetirá xunto ao Combo Dominicano.

0.17012906074524