Comedia contra os estereotipos de xénero nas Pontes

TerraChaXa
Talía Teatro representará este xoves nas Pontes, organizado dentro do programa Xoves na Biblio, Rosa Caramelo. 
ROSA CARAMELO AS PONTES
6 Oct 2021

Talía Teatro representará este xoves nas Pontes, organizado dentro do programa Xoves na Biblio, Rosa Caramelo.  Trátase dun espectáculo que lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero. Artur Trillo, dirixido por Paula Carballeira, contará a historia de Rosa Caramelo, A historia dos bonobos con lentes, Artur e Clementina e Unha feliz catátrofe de Adela Turín.

A representación terá lugar o 7 de outubro, ás 18.00 horas na Casa Dopeso con entrada de balde previa inscrición na biblioteca municipal.

ROSA CARAMELO CARTEL
0.16923499107361