Comerciantes de Vilalba continúan as concentracións e convocan unha caravana para o domingo
A recentemente constituída Plataforma Pro Vilalba vén de convocar a todos os veciños a secundar unha serie de concentracións unha vez á semana ante o Concello para demandar que se lles remita a información sobre os plans municipais do futuro da rúa da Pravia.
Así, todos os martes celebrarán unha concentración ás 13.00 horas diante da casa consistorial. Xa se realizou onte a primeira e nela reclamouse o dobre sentido de circulación.
Pitos e cacerolada foron os protagonistas desta primeira concentración na que se luciron as pancartas para reclamar tamén solucións para os aparcadoiros.
Paralelamente o colectivo fixo entrega dun escrito no Concello no que solicitan toda a información posible acerca del Plan de Mobilidade que se pretende implantar.
Así mesmo queren saber sobre os proxectos e as actuacións previstas polo Concello para a normalización da circulación do tráfico rodado, tanto agora como cando se solucione o problema.
Ademais de insistir sobre o plan previsto para aumentar o número de plazas de aparcadoiro, solicitan a renovación das instalacións da traída de auga en toda a extensión da beirarrúa sinistrada debido ao seu mal estado e antiguidade.
CARAVANA
Así mesmo, este colectivo anunciou que o día 4 de xullo, domingo, coincidindo co día da feira, realizarse unha manifestación en automóvil, que xa foi autorizada , e que transitará a partir das 12 do mediodía dende a rúa Cotarón con percorrido circular por Plácido Peña, Campo de Puente, Muras, avenida de Cospeito, avenida Terra Chá, rúa da Feira, Cidade de Lugo , Galicia e rúa da Pravia.