Comerciantes da rúa da Pravia convocan aos veciños a unha asemblea o luns
TerraChaXa
Os comerciantes vilalbeses contrarios aos cambios de dirección da rúa da Pravia seguirán coas súas protestas.
10 Xul 2021
Os comerciantes vilalbeses contrarios aos cambios de dirección da rúa da Pravia seguirán coas súas protestas. De feito, programan novas convocatorias para a próxima semana, comezando cunha reunión aberta a todos os veciños.
Esta asemblea será o luns, a partir das 20.30 horas, nos soportais da praza da Constitución, co obxectivo de abordar novas actuacións e chegar a posturas comúns respecto aos cambios no tráfico da céntrica rúa.
Así mesmo, a concentración semanal indefinida que está convocada para todos os martes cambia esta semana de localización e horario. Así, en vez de ao mediodía e diante do consistorio pasará a realizarse diante da Alameda Basanta Olano, na rúa da Pravia, a partir das 20.30 horas.