Comeza a emisión radiofónica do Festival de Pardiñas

TerraChaXa
Emitirá programación de entrevistas y reportaxes diaria ata o venres e despois será en directo a fin de semana
radio-pardinas
Cartel
29 Xul 2024

Todo preparado para celebrar esta fin de semana o Festival de Pardiñas. Por tal motivo, hoxe darán comezo as emisións en Radio Pardiñas, a emisora que se escoita no 107.9 do dial e que se manterá aberta ata o próximo 2 de agosto.

Durante estes días previos e en horario de 12.00 a 15.00 e de 19.30 a 23.00 os fieis do festival poderán coñecer de antemán todo o que ten que ver co programa así como moitas contos e entrevistas con persoeiros das festas, en rigoroso directo. Ademais, no resto de horarios poderanse escoitar programas gravados para completar a programación das 24 horas.

A programación cambiará a fin de semana cando se seguirán en directo todas as actuacións e actividades, para vivir o Festival de Pardiñas tamén desde as ondas.

0.17831015586853