Comeza a funcionar en Meira a nova oficina de Turismo

TerraChaXa
A oficina de turismo de Meira abriu nas novas instalacións, situadas na planta baixa da casa consistorial, con entrada dende a praza.
oficina turismo meira
26 Mar 2021

A oficina de turismo de Meira abriu nas novas instalacións, situadas na planta baixa da casa consistorial, con entrada dende a praza principal. Deste modo, a oficina deixará de ocupar o edificio central da praza do Convento.

No mes de decembro intentaron facer o cambio ás novas instalacións pero non puido ser posible por problemas técnicos.

Na oficina traballa unha única persoa que ten durante todo o ano (agás nos meses de xullo e agosto) horario de mañá de luns a venres (9.00 a 15.00 horas) os sábados de 10 a 14.00 e de 16.30 a 19.00 horas. Os domingos tamén ten horario especial de 10.00 a 14.00 horas. No verán amplían á tarde o horario de atención ao público durante a semana.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18201279640198