Comeza a funcionar o servizo de punto móbil para a recollida en Burela
O Concello de Burela poñerá a plena disposición dos usuarios a partires do martes, 8 de setembro de 2020, o servizo municipal de recollida de residuos sólidos urbanos prestado por Urbaser así como o punto móbil, a través do cal se vai facilitar o depósito separado de certas fraccións de residuos que non poden ser eliminados co resto dos domésticos, como aceites minerais, aerosois, baterías, pilas, cartuchos de tinta de impresoras, pinturas, disolventes, plásticos e PVC, radiografías, RAEE’s, medicamentos, entre outros.
O servizo de punto limpo móbil prestarase de forma itinerante todos os martes e venres nas seguintes zonas do termo municipal: (i) Rúa do Vilar (1º martes de cada mes); (ii) Rúa do Barridal (2º martes de cada mes); (iii) Rúa da Casilla (3º martes de cada mes); (iv) O Cantiño (4º martes de cada mes); (v) Rúa Vilaestrofe (2º venres de cada mes); e (vi) Praza do Concello (os restantes venres do mes, e o 5º martes de cada mes que teña cinco semanas).
Lembrase que a recollida de enseres, mobles e voluminosos domésticos por parte da empresa adxudicataria do servizo municipal de recollida de residuos sólidos urbanos, ten lugar de luns a venres das 8 ás 11.15 horas da mañá, debendo as persoas interesadas en recibir dito servizo de forma adecuada e legal, chamar ao número de teléfono 626 763 142, con anterioridade a que estes sexan depositados na vía pública.
Para máis información sobre o seu funcionamento ou manifestar calquera incidencia ao respecto da súa prestación no devandito número de teléfono 626 763 142.