Comeza a gravación da longametraxe de Ficcion Producciones en Vilalba
Ficcion Produciones arrincou en Vilalba coa rodaxe de Tratamos demasiado bien a las mujeres, o salto á dirección da figurinista, gañadora de catro premios Goya, Clara Bilbao. A película conta cun reparto coral capitaneado por Carmen Machi e Antonio de la Torre que conta coa participación de Luis Tosar, Isaak Ferriz, Óscar Ladoire, Julián Villagran, Diego Anido, Cris Iglesias, Camilo Rodríguez, Oleg Kricunova, Ayax Pedrosa, Nancho Novo, Gonzalo De Castro, Iván Marcos, Nicolas Grandhomme, Felipe Pirazán ou Juan Luis Cano, entre outros.
A longametraxe é unha comedia negra con guion de Miguel Barros baseada no best seller francés On est toujours trop bon avec lles femmes escrito por Raymond Queneau. Unha historia cun enfoque diferente no que desde a sátira, a melancolía e o humor trátanse temas importantes con desenfado.
Na sipnose Remedios Buendía defende a súa patria e loitará por iso por encima de todos. Este fatídico día de outono do 45, un grupo de maquis á fuga tivo a mala idea de tomar a estafeta onde Remedios, ilusionada, próbase o seu vestido de noiva. Hoxe será o día en o que Remedios demostre ata onde pode chegar defendendo os seus valores. E ninguén podrá parala. Nin sequera este batallón de rebeldes con fusís fumarentos e puños no alto.
O Valado, na parroquia de San Simón da Costa, acolle esta rodaxe, principalmente na escola habanera, un histórico inmoble.
A productora ten feitos outros importantes e recoñecidos traballos como a serie Vivir sin permiso ou Operación Marea Negra, dirixida por Daniel Calparsono.