Comezou a tempada de billarda co aberto das patronais de Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Os Troitas Bravas Billarda acadaron o seu primeiro título Nacional e Marcos Rodriguez Rodriguez, Markytos foi o campión de varados
_ABERTO DE BILLARDA DAS FESTAS PATRONALES 2023
6 sep 2023

Por Daniel Rodríguez Saavedra.

Por mor do mal tempo, fixemos uso do pavillón do CEIP Gregorio Sanz para desfrutar o sábado día 2 dun espectacular día de billarda. Pequenos e maiores loitamos a par por meter a billarda no varal no menor número de golpes con maior ou menor fortuna, pero sempre con bo humor e gozando do xogo.

Fómonos eliminando para chegar a unha final a catro que disputaron Manu Pozo, Jorge, Juanki e Félix, sendo os tres primeiros os gañadores.

En donas Geni foi a mellor seguida de Dori e de Sandra e nos pequechos impúxose  Alba por diante de Mateo e de Pedro.

Todos os gañadores foron agasallados cos correspondentes premios, do mismo xeito que o foi o palanador mais veterán, o italo galego incombustible DelFranco Mangiavacchi. O concelleiro de deportes Francisco Silvent foi o encargado da entrega de trofeos.

Agradecemento, primeiramente o Concello polos trofeos e as facilidades para a celebración deste aberto e os colaboradores (Bar Xanelas-Central-Xardín-O Gordo-RosaLar-Multit. Teresa- Carniceria San Miguel) e un par de anónimos. Graciñas en nome de todos.

0.093385934829712