Comeza a trixésima edición da Semana Náutica de Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Desde hoxe e ata o día 16 de agosto os visitantes e amantes da navegación poderán desfrutar en Ribadeo da trixésima edición da Semana Náutica.
1
10 Ago 2020

Desde hoxe e ata o día 16 de agosto os visitantes e amantes da navegación poderán desfrutar en Ribadeo da trixésima edición da Semana Náutica.

Esta actividade deportiva, todo un clásico do verán, arrincará hoxe coas probas da novena edición do trofeo dos comerciantes Acisa- Acia, que dará comezo ás 17.30 hroas

O martes 11 será a quenda para a XXI edición do Trofeo Paradores, que se en modelo de vela tradicional, mentres que o mércores 12 volverán os cruceiros locais para disputar a V edición do Trofeo Banco de Sabadell.

A regata do día 13, XXII edición do trofeo Deputación estará patrocinada pola entidade provincial, e o venres 14 será a ocasión do IX trofeo Real Club Náutico de Ribadeo.

O sábado 15 será a máis completa de todas, na que dende as 11.00 horas poderase desfrutar da VII edición do Trofeo Seat-Talleres Armando Escolas de Verán de vela lixeira, e máis tarde da XXX edición do trofeos o Concello de Ribadeo de vela tradicional.

Xa o domingo 16 haberá dobre sesión naútica, primeiro co I trofeo Ría de Ribadeo en vela lixeira, e co IX trofeo Abanca, de cruceiro local, que será pola tarde.

Os gañadores das regatas e as clasificacións recibirán os trofeos o día 22, a partir das 20.00 horas e tamén se fará entrega da segunda edición do Trofeo Xunta de Galicia para o que sexa elixido como mellor patrón de vela tradicional e cruceiro local.

0.28794693946838