Comezan en Begonte obras de mellora da rede viaria en tres parroquias

Deron comezo en Begonte as obras de mellora da rede viaria con mistura bituminosa de aglomerado en quente, mellorando así a seguridade para os vehiculos e os peóns.
Nesta ocasión actuarase nas parroquias de Donalbai (Senande), no núcleo de Baldomar e na estrada que vai dende Baldomar ata o campo de futbol de Saavedra.
Estas actuacións enmárcanse dentro do programa municipal de estradas, co preténese a mellora da capa de rodadura con aglomerado en quente como se veu facendo nos últimos de 10 anos.
Estas actuacións teñen un orzamento de 200.000 euros.