Comeza en Begonte outra campaña solidaria de recollida de alimentos

TerraChaXa
O 16 será o último día para participar na campaña de recollida de alimentos organizada polo Concello de Begonte este Nadal.
campan recollida de alimentos portada begonte
2 Dec 2023

Begonte realizará un ano máis a súa habitual campaña de recollida de alimentos organizada polo Concello este Nadal co que se pretende cubrir as necesidades que sofren as familias da contorna.

Deste xeito estanse a recoller todo tipo de alimentos non perecedoiros, en especial doces navideños, latas de conserva, aceites, leite, legumes, arroz, etc.

O punto de recollida está situado na casa consistorial, situada na praza irmáns Souto Montenegro, entre as 9.00 e as 14.30 horas.

A data límite será o 20 de decembro.

campana recollida alimentos begonte
0.15538597106934