Comeza en Begonte un ciclo de cine sobre música tradicional cunha ollada ás mulleres e á tradición oral

TerraChaXa
O ciclo consta de tres proxeccións que afondan na relación entre a música, a tradición e o papel fundamental das mulleres na súa conservación
ciclo-de-cine-tradicional-begonte
9 Apr 2025

Este sábado 12 de abril arrinca na Casa da Cultura de Begonte un ciclo de cine dedicado á música tradicional, organizado pola asociación Castiñeiro Milenario. A iniciativa nace como homenaxe ás cantareiras e á tradición oral, en sintonía coa celebración do Día das Letras Galegas, que este ano pon o foco na transmisión da cultura a través da música e da voz das mulleres.

O ciclo consta de tres proxeccións que afondan na relación entre a música, a tradición e o papel fundamental das mulleres na súa conservación. A primeira sesión será o sábado 12 de abril ás 19:30 horas, con dúas películas: Xorima e Labrando músicas. A seguinte cita será o 11 de maio ás 18:00 horas coa proxección de Dorothé na vila, e o ciclo pecharase o 21 de xuño coa película Lévame a idea.

Todas as sesións serán de balde e terán lugar na Casa da Cultura de Begonte. A organización irá informando de cada xornada no seu momento, e anima á veciñanza e ao público en xeral a participar neste percorrido audiovisual pola música tradicional galega.

O ciclo conta coa colaboración do proxecto Xorima, a Asociación Gaiteiras Galegas, Navíos e Folerpas, a Deputación da Coruña e o Concello de Begonte.

⚙ Configurar cookies
0.18892502784729