Comeza en Cospeito un taller sobre memoria e xénero

TerraChaXa
Este mércores dará comezo en Cospeito un taller sobre memoria e xénero que se inclúe dentro do programa de recuperación da memoria histórica.
plan seguridade feira medieval monforte
4 Apr 2022

Este mércores 6 de abril dará comezo en Cospeito un taller sobre memoria e xénero que se inclúe dentro do programa de recuperación da memoria histórica das mulleres do rural de Cospeito co título Estimulación cognitiva con perspectiva de xénero.

Despois da sesión inicial, o taller desenvolverase todos os luns durante os meses de abril e maio.

As sesións terán lugar na antiga cámara agraria de Feira do Monte, entre as 17.00 e as 18.30 horas.

As persoas interesadas en participar poden apuntarse no departamento de Servizos Sociais do Concello, no teléfono 982 520 001 ou no correo servisociais@concellodecospeito.es.

Será impartido por Cruz Vermella Española de Vilalba en colaboración con Mulleres Rurais Cousas Nosas.

0.1592230796814