Comeza en Guitiriz o campus de verán da USC Xeodiversidade e paisaxe

TerraChaXa
Hoxe da comezo en Guitiriz o campus de verán da USC sobre Xeodiversidade e paisaxe, que se desenvolverá ata o 9 de xullo na Casa Habanera.
XEODIVERSIDADE E PAISAXE guitiriz portada
7 Jul 2021

Hoxe da comezo en Guitiriz o campus de verán da USC sobre Xeodiversidade e paisaxe, que se desenvolverá ata o 9 de xullo na Casa Habanera e que constitúe a décimo terceira edición dos seminarios de verán sobre a paisaxe que desenvolve a universidade no municipio.

Os obxectivos deste curso, para o que era necesario unha inscrición previa, son observar pluridisciplinarmente as moi diversas relacións enre a xeodiversidade e a paisaxe, con relatorios referidos á xeoloxía, xeoturismo, termalismo, cultura da pedra, así como a percepción artística, ao medio ambiente e a didáctica xeolóxica.

Ademais dos diferentes relatorios que se levarán a cabo durante as tres xornadas tamén haberá proxeccións audiovisuais relacionadas coa temática, un roteiro polo concello titulado Guitiriz: Pedra, Auga e Astronomía e unha exposición fotográfica baixo o nome de Litoloxía.

O director deste seminario é Roxelio Pérez Moreira e a secretaria María Julia Melgar Riol.

XEODIVERSIDADE E PAISAXE usc guitiriz
0.16352605819702