Comeza en Insua o proceso de arrincado e ripado de cara á celebración da Tasca do Liño

O colectivo Mulleres de Insua, en Vilalba, prepara xa a súa popular celebración da Tasca do Liño, que terá lugar, como todos os anos, en outubro.
Estas artesás recolleron a colleita deste ano e están a realizar o proceso de ripado, todo feito a man, como manda a tradición.
O colectivo, ao que cada ano se suman membros das seguintes xeracións, intenta manter viva a produción de liño nesta parroquia vilalbesa, que ten xa unha relevancia galega importante. De feito, visitan diferentes eventos culturais durante o ano para mostrar o seu traballo de recuperación.