Comeza en Vilalba o Congreso Internacional de Arqueoloxía
O mércores dará comezo o a cuarta edición do Congreso Internacional de Arqueoloxía de Vilalba que reunirá na vila a decenas de científicos do eido da arqueoloxía e outras disciplinas relacionadas.
Este congreso, que se celebrará entre o 18 e o 21 de xullo, é o único de carácter científico desta temática no noroeste da Penísula e serve de vínculo de comunicacion entre profesionais e investigadores da arqueoloxía. Está prevista a participación de 120 persoas.
Ao longo de tres días defenderanse máis de trinta comunicacións repartidas en varias sesións temáticas, que trataáan temas como análises matemáticas desenvolvidas para a contextualización dos bifaces do xacemento máis antigo de Galicia, Louselas (Ribadeo), ou da confusión entre petróglifos e trazas xeolóxicas, pasando por estudios de materiais e estruturas arquitectónicas de diferentes períodos.
entro do programa inclúese unha visita de traballo á Punta Sarridal (Cedeira) onde está en proceso de excavación unha sauna castrexa.
O Congreso está organizado pola Asociación de Amigos do Museo de Vilalba en colaboración co MUPAV, e conta co patrocinio da Deputación Provincial de Lugo e o apoio do Concello de Cedeira.
Consulta o programa neste enlace.