Comeza en Vilapedre un curso de manualidades e restauración e outro de ximnasia de mantemento

TerraChaXa
Terán lugar no primeiro caso os xoves e no segundo luns e mércores, na escola da localidade
restauracion-mobles
28 Sep 2025

A Asociación de Veciños de Vilapedre, en Vilalba, inicia un curso de manualidades e restauración. As sesións terán lugar na casa escola de Vilapedre todos os xoves de 17.00 a 19.00 a un prezo de 409 euros ao mes. O primeiro día será o 2 de outubro.

Tamén inicia un curso de ximnasia de mantemento a partir do 1 de outubro. As sesións terán lugar na casa escola de Vilapedre ás 19.30 horas todos os luns de 19.30 a 20.30 e os mércores de 20.30 a 21.30 horas.

A organización lembra que a sesión estará adaptada a todas as idades e que a primeira clase será gratuíta para probar sen compromiso. O prezo é de 30 euros ao mes.

⚙ Configurar cookies
0.10535907745361