Comeza en Vilapedre un curso de manualidades e restauración

TerraChaXa
A asociación sondea á veciñanza para ver os cursos que se iniciarán este inverno
cursos-vilapedre
16 sep 2024

A Asociación de Veciños de Vilapedre, en Vilalba, inicia un curso de manualidades e restauración.

As sesións terán lugar na casa escola de Vilapedre en dous horarios a elixir, os mércores ou os xoves de 17.00 a 19.00 ou de 19.00 a 21.00 horas.

Ademais abriron unha enquisa para ver o interese da veciñanza nos distintos cursos para poder organizalos segundo a demanda.

Así, ofrecen previamente ximnasia de mantemento, estimulación cognitiva e memoria, informática, cestería e obradoiro de cociña.

O de manualidades e restauración xa están en marcha debido á demanda.

0.12703895568848