Comeza en Vilapedre un curso de ximnasia de mantemento

TerraChaXa
A organización lembra que a sesión estará adaptada a todas as idades e que a primeira clase será gratuíta para probar sen compromiso
curso-ximnasia-mantemento-vilapedre-portada
24 sep 2024

A Asociación de Veciños de Vilapedre, en Vilalba, inicia un curso de ximnasia de mantemento a partir do 7 de outubro.

As sesións terán lugar na casa escola de Vilapedre ás 19.30 horas todos os luns durante unha hora.

A organización lembra que a sesión estará adaptada a todas as idades e que a primeira clase será gratuíta para probar sen compromiso.

0.1855480670929