Comeza este mes en Riotorto un servizo de podoloxía subvencionado polo Concello
TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Riotorto ofrecerá este ano un servizo de podoloxía dirixida a todos os veciños.
9 Xan 2023
O Concello de Riotorto ofrecerá este ano un servizo de podoloxía dirixida a todos os veciños. O servizo, que terá un prezo de 15 euros, está financiado polo concello e terá lugar o 26 de xaneiro.
Para poder acceder a este programa unicamente é necesario estar empadroado no Concello e pedir cita previa nos servizos sociais municipais ou no teléfono 982 346 222. As sesións repetiranse unha vez ao mes, tal e como anunciaron dende o Concello.
Este servizo ten como obxectivo prestar unha atención podolóxica básica a todas as persoas de cara a favorecer o seu benestar integral.