Comeza este venres a segunda Mostra de Teatro Afeccionado das Pontes

TerraChaXa
O Concello das Pontes acollerá durante todo o mes de marzo a segunda edición da Mostra de Teatro Afreccionado, que se desenvolverá no auditorio Cine Alovi con representacións todos os mércores a partir das 21.
Captura de pantalla 2020 03 03 a las 12.40.16
4 Mar 2020

O Concello das Pontes acollerá durante todo o mes de marzo a segunda edición da Mostra de Teatro Afreccionado, que se desenvolverá no auditorio Cine Alovi con representacións todos os mércores a partir das 21.00 horas.

A mostra dará comezo este venres coa obra do grupo Baluarte Teatro, que representará El Crédito, unha comedia para todos os públicos de 60 minutos de duración.

O venres 13 será a vez de Medidas preventivas, do grupo de teatro Xosé María Pérez Paralle. Trátase tamén dunha comida, para maiores de dez anos dunha hora de duración.

Continuará a programación o día 20 coa representación da obra Bicos de vinagre, do grupo Treatro o Batán, outra comida para todos os públicos.

A mostra chegará ao seu fin co grupo de teatro Mariñán, que porá en escea a comedia para todos os públicos Insania.

88213242_2577881025788619_7920092093811261440_o
0.15519905090332