Comeza hoxe nas Pontes a Cita coa Historia

TerraChaXa
As Pontes, acollerá, tras dous anos de parón por mor da pandemia, do 23 ao 25 de setembro a VII edición da Cita co Historia das Pontes.
cita coa historia as pontes2
23 sep 2022

As Pontes, acolle esta fin de semana, e tras dous anos de parón por mor da pandemia, a VII edición da “Cita co Historia das Pontes” nas rúas do casco histórico da vila.

O evento, organizado polo Concello das Pontes en colaboración coa Asociación Lembranza da Vila, é unha recreación histórica que busca afondar nos xeitos de vida da poboación devanceira das Pontes, concretamente da persoas que poboaron o municipio en época galaico romana.

Vicente Roca, concelleiro de Cultura apunta que "se ben as orixes dos primeiros asentamientos ponteses remóntanse á prehistoria, existiu un asentamento de época romana no barrio coñecido como Chamoselo, e que na década de 1990 foi escavado arqueolóxicamente, e en cuxas escavacións foron descubertas diferentes estruturas asociadas a unha villae romana. Con este evento buscamos poñer en valor estes achazgos e continuar divulgando o noso patrimonio histórico e cultural dun xeito lúdico e didáctico, achegándoo a toda a poboación".

Así, nesta nova edición da Cita coa Historia continúase apostando pola divulgación histórica, facendo partícipe ao público máis novo, a través de diferentes obradoiros de recreación histórica, xogos de época e tradicionais, demostracións de artesanía en vivo, así como espectáculos teatrais e musicais.

Ao igual que en edicións anteriores, contarase coa participación dunha entidade de recreación histórica de Lugo, cidade que conta cunha importante festa de recreación galaico romana, como é o Arde Lucus. Achegaranse ata As Pontes as guerreiras da raíña Boudica, a Asociación Lucus Icenas Miliatore, que amosarán ao público a panoplia dunhas guerreiras celtas, así como a historia da súa raíña e a súa loita contra a invasión romana.

O evento, que se prolongará durante toda a fin de semana e que contará cun mercado de época, dará comezo  ás 17:00.

O acto oficial de apertura da VII Cita coa Historia das Pontes terá lugar ás 20:30 co pregón que este ano pronunciará a pontesa Mari Pajón, unha veciña que naceu e medrou nas rúas da vila.

cita coa historia as pontes1
cita coa historia 1
cita coa jhistoria 5
0.094795942306519