Comeza na Rigueira un curso de cestería

TerraChaXa
A Asociación de Veciños da Rigueira organiza un curso de cestería, manualidades e restauración dende o 28 de xaneiro no teleclub da Rigueira.
curso cesteria a rigueira portada
27 Xan 2023

A Asociación de Veciños da Rigueira organiza un curso de cestería, manualidades e restauración que arrancará o 28 de xaneiro no teleclub da Rigueira.

Será todos os sábados, de 22.00 a 24.00 horas e terá un prezo de 20 euros ao mes (o material págase a parte).-

A sesión estará ao cargo de María Folgueira e para a inscrición hai que poñerse en contacto con Montse (610 849 704) ou Laura (669 747 148).

curso cesteria a rigueira
0.11030006408691