Comeza nas Pontes o I Campus de Mecánica de Karts e Motos de Competición

TerraChaXa
O Concello das Pontes acolleu onte, 28 de xullo, a presentación do I Campus de mecánica de karts e motos de competición.
obradoiro karts mecanica coches competicion as pontes
29 Xul 2022

O Concello das Pontes acolleu onte, 28 de xullo, a presentación do I Campus de mecánica de karts e motos de competición organizado por C. As Pontes MVR, ETG Racing, José Luis Echevarría e Squadra Racing.

O curso agotou as 40 prazas dispoñibles e recibe alumnado de toda España, incluso a nivel internacional como é o caso dunha rapaza de nacionalidade rusa inscrita na formación. O concelleiro de Deportes, Chico Tembrás, destacou que este “I Campus de As Pontes é o primeiro que se realiza en Galicia e incluso a nivel estatal nesta modalidade de motociclismo e karting e serve para poñer a As Pontes no mapa como vila referente e que aposta polo deporte, neste caso do motor”.

O curso, que comeou onte e rematará o 30 de xullo, está dirixido a todas aquelas persoas que queiran adquirir formación básica en mecánica e entender o funcionamento dos elementos dunha motocicleta e un kart, así como o mantemento nos vehículos empregados nas distintas competicións así como coñecer as diversas opcións de regulacións e postas a punto dos vehículos.

Así, entre os diferentes contidos que se abordarán neste campus, o alumnado introducirase no mundo da competición, recibirá formación técnica sobre motorsport en competición e poderá realizar prácticas reais no circuíto das Pontes, onde poderán empregar os coñecementos adquiridos, coñecer a reglamentación deportiva mediante o análise dos regulamentos deportivos e técnicos dos principais campionatos e realizar probas na pista con pilotos de moto e karts para a toma de datos e xestións de settings.

Así mesmo, recibirán asesoramento sobre o futuro laboral no mundo da mecánica de competición e seis alumnos ou alumnas poderán convertese en axudantes de mecánica, en equipos de competición, durante o ano 2023.

Na presentación, Tembrás tamén aproveitou para “agradecer á dirección do CEIP A Magdalena a cesión dos espacios para poder levar a cabo as formacións e as clases teóricas durante estes dáis”.

0.068908929824829