Comeza o concurso de decoración de locais comerciais en Meira

TerraChaXa
Unha trintena de locais participan no Concurso de Escaparates de Nadal 2021 organizado por ACEA Meira, que deu comezo a fin de semana.
nadal meira decoracion concurso
6 Dec 2021

Unha trintena de locais participan este ano no Concurso de Escaparates de Nadal 2021 organizado pola Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos de Meira, ACEA Meira, que deu comezo a fin de semana.

Como na edición anterior, o local mellor adornado será escollido a través dunha votación popular en Facebook, onde hai un album con unha imaxe de cada local. Admitiranse as votacións gústame, encántame, divírteme e asómbrame.

A asociación lembra que este ano só haberá un gañador.

As votación poderán realizarse ata o 6 de xaneiro.

0.23486495018005