Comeza o concurso de tapas das Pontes

TerraChaXa
Os trinta e tres establecementos hostaleiros que participan en Saborea As Pontes presentaron, a semana pasada, as propostas gastronómicas coas que acudirán á décima edición do concurso de tapas, organizado polo Concello das Pontes, a través da Concellería de Turismo, Hostalaría, Comercio e Emprego.
Saborea As Pontes 2018
11 Out 2018

Os trinta e tres establecementos hostaleiros que participan en Saborea As Pontes presentaron, a semana pasada, as propostas gastronómicas coas que acudirán á décima edición do concurso de tapas, organizado polo Concello das Pontes, a través da Concellería de Turismo, Hostalaría, Comercio e Emprego.

Atún, bacallau, lagostinos, filete de porco e de vaca, ovos campeiros; produtos de tempada como as castañas e os froitos do bosque,  elaboracións máis atrevidas e innovadoras como a tempura, o tataki,  sabores internacionais chegados desde Italia, Portugal e Latinoamérica, produtos típicos da localidade como o queixo da faeira, pan caseiro e petiscos máis tradicionais como as croquetas, os freixós ou as tostas, entre outros, conforman as propostas gastronómicas do concurso deste ano.

A décima edición de Saborea As Pontes desenvolverase entre o 12 e o 21 de outubro. As tapas serviranse, de luns a venres, de 19:30 a 23:00 horas e, durante o fin de semana, tamén se repartirán as tapas durante a maña, desde as 12:00 ata as 15:00 horas. Todas as propostas teñen un prezo único de 1,50 euros.

Os establecementos que participan nesta cita, sete de eles por primeira vez, son:  A Latina, Hotel Pontes do Eume, Mesón 7 Camiños, Bar Centro, Bar Calvo, DelaPiccola,  Tapería Bar As Campeiras, Taberna de Pancho, Café Bar Las Torres, A Lareira, O Marbella, O Quijote, Mesón O Martínez, A Botellería, A Cepa, Bar Magdalena, A Fervenza de Somede, Different Bar, Caprichos Coffee&Drinks, Mesón de Pepe, Bar Trastoy 3,  A Caseta do Parque, Tapería + Que Tapas, Café Bar Reboredo, Cervecería A Capilla, Bar Rodas, Café Bar Vales, Café Bar Carboeiro, Segunda Cueva, Cafetería As Tres Pontes, Cafetería +TIKA+, Cafetería Cervecería Venus e Cotío.

Desde o Concello das Pontes, a edil responsable da área, Ana Pena, animan a veciños e visitantes a gozar do bo facer dos hostaleiros locais e espera que “a X edición de Saborea As Pontes supere as cifras de participación do ano pasado, con 28.585 tapas servidas en dez días, con catro locais que serviron máis de 2.000 tapas e outros 12 establecementos que superaron os 1.000 petiscos, datos que amosan a calidade, a profesionalidade e o pulo do sector hostaleiro  na nosa vila”

0.085782051086426