Comeza o proceso de contratación de dous policías locais nas Pontes

TerraChaXa
As Pontes ven de poñer en marcha o proceso selectivo para a contratación, a través de oposición libre, de dous axentes de policía local
policia local
28 Feb 2023

O Concello das Pontes ven de poñer en marcha o proceso selectivo para a contratación, a través de oposición libre, de dous axentes de policía local, correspondentes ao grupo C, subgrupo C1.

As persoas aspirantes deben reunir, entre outros, os seguintes requisitos: posuír a nacionalidade española, ter cumplidos os 18 anos e estar en posesión do título de bacherel ou técnico, título de graduado escolar ou equivalente así como os permisos de conducir das clases A2 e B e diploma ou certificado acreditadivo de estar en posesión do Celga 4 ou equivalente

Ter unha estatura mínima de 165 cm os homes e 160 cm as mulleres, non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo; acreditar, mediante un informe médico, as condicións físicas suficientes para a realización dos exercicios físicos da proba da oposición, ademais de que non se padece, enfermidade ou defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións propias do posto.

Así mesmo deben posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto, non ter sido condenado/a por delito doloso, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas, nin separado/a do servizo das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial así como non estar comprendido/a en ningunha clase de incompatibilidade.

O sistema de selección será o de oposición libre e constará de cinco exercicios, eliminatorios cada un deles, de modo que non poderán pasar ao seguinte as persoas aspirantes que non acadasen a cualificación mínima establecida para cada un deles.

As instancias poden presentarse, tras a publicación das bases da convocatoria no BOE, obrigatoriamente a través da sede electrónica do Concello das Pontes . Pódese obter más informacion no BOP número 39, de 27 de febreiro de 2023 ou neste enlace.

0.1280472278595