Comeza o proceso sancionador aos solares sen limpar de Vilalba

TerraChaXa
O segundo requerimento suporá unha sanción de 400 euros
finca-solares-limpeza-herba
Leira sen limpar
26 Xul 2024

Os servizos municipais do Concello de Vilalba veñen de iniciar o procedemento sancionador polo cal os propietarios que manteñan os solares urbanos sen limpar terán que pagar multas de 200 a 400 euros

Unha vez finalizado o prazo voluntario, dende o Concello abríronse 10 expedientes para notificarlle á veciñanza a imposición dunha primeira multa de 200 euros por non cumprir coa súa obriga e a necesidade urxente de limpeza

No caso de que os solares continúen sen limparse, o segundo requirimento suporá unha sanción de 400 euros, á que se sumará unha multa coercitiva cada semana ata lograr o total cumprimento da limpeza da parcela

Ademais, durante a presente semana a Policía Local revisará de novo os solares urbanos para comprobar cales continúan sen acondicionar e tramitar aqueles expedientes que correspondan

Pola súa banda, recoméndase á veciñanza que cumpriu coa obriga de limpeza que notifique ao Concello o estado actual da parcela.

0.086265087127686