Comeza o xoves o festival de música Son As Pontes

TerraChaXa
s Pontes acollerá, durante a segunda quincena do mes de xullo a terceira edición do festival de música clásica Son As Pontes.
son as pontes portada
13 Jul 2021

As Pontes acollerá, durante a segunda quincena do mes de xullo, a terceira edición do festival de música clásica Son As Pontes, organizado polas Xuventudes Musicais da Coruña en colaboración co Conservatorio Profesional de Música das Pontes.

Trátase dunha proposta artística e pedagóxica que inclúe concertos e cursos impartidos por algúns e algunhas dos mellores novos intérpretes do ámbito nacional.

Desde o 15 ao 20 de xullo, decenas de artistas invitados e alumnos que participan no ciclo de novas promesas e a Orquestra de Cámara Son As Pontes achegarán aos ponteses e pontesas a música de cámara de máis alto nivel.

Concertos de vento, de guitarra, cuartetos con piano, dobre quinteto de vento e contrabaixo, pezas de Mozart, Bach, Beethoven, Strauss son algunhas das propostas deste festival das que a veciñanza poderá gozar no Auditorio Municipal Cine Alovi, na Casa Dopeso ou na Igrexa de Santa María.

son as pontes
0.16212296485901