Comeza unha nova edición do programa Educando en Familia en Guitiriz

TerraChaXa
O luns 23 de setembro haberá unha sesión informativa no CEIP Lagostelle e o martes 24 de setembro en Parga
nenos-xogando
19 sep 2024

Comeza o novo curso do programa Educando en Familia do Concello de Guitiriz, unha iniciativa gratuíta dirixida ás familias con crianzas con idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos aínda que asistan a outros centros educativos (colexios, escolas infantís, casas niño...).

Programáronse reunións para formalizar a inscrición, presentar o programa e dar inicio ao curso. O luns 23 de setembro ás 16:30 horas terá lugar no CEIP de Lagostelle (Guitiriz), e o martes 24 de setembro ás 10:30 horas no CEIP Santo Estevo de Parga.

Nas reunións informativas explicaranse as actividades a realizar durante o curso, que tamén irán encamiñadas a traballar a adaptación paulatina ao colexio. Para solicitar máis información pode chamarse por teléfono ao concello no 982 370 109.

A finalidade de Educando en Familia é contribuír a formación das familias e así mesmo axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos/as a través de diversas actividades axeitadas a cada idade e aproveitamento do contorno dun xeito consciente e reflexivo para reforzar a competencia educativa familiar.

0.10126686096191