Comeza unha nova campaña de escavación do Castro de Saa

TerraChaXa
Comeza unha nova campaña de escavación do Castro de Saa na parroquia de Baltar na Pastoriza.
20620934_339758569814594_7898505125838272580_n
9 Xuño 2020

Comeza unha nova campaña de escavación do Castro de Saa na parroquia de Baltar na Pastoriza.

A fronte desta quinta campaña está o arqueólogo Emilio Ramil, que presentou xa no Concello a licenza e permisos pertinentes para podelos remitir a Patrimonio.

"Esta semana esperemos que nos firmen a autorización por parte de Patrimonio e así poder comezar o luns", di Ramil.

Xa comezaron coas limpezas da zona para prepararse para a escavación e a deste ano e a continuación da do ano pasado, "variamos a zona, agora estamos xusto na entrada a esquerda da entrada principal ao recinto habitacional".

"Na do ano pasado escavamos parte do paramento da muralla e parte dunhas construcións que formarían parte da arquitectura urbanística do castro".

Este ano amplian así en 80 metros cadrados e continuan coa escavacion da muralla coa idea de deixar a vista complementamente as construcións que sairon parcialmente o ano pasado, "porque xa que como todas as construcións son de pedra e a muralla tamén é de pedra coa idea da posta en valor do castro é fundamental", di Ramil.

Outra cousa importante é ver a estructura destas vivendas "porque difiren un pouco da que temos cara o outro lado da croa. Son construcións de dúas ou máis habitacións, pero aínda non o sabemos, porque a idea é que recuperando as distintas formas estructurais podamos facer unha reprodución para o CIN de como serían as construcións do castro", comenta Emilio.

A idea é virtualmente xerar unha serie de construcións ao longo da croa para explicar como sería a arquitectura urbanística que tería o recinto habitacional do castro.

Os obxetivos que se marcan son tres, o primeiro é continuar coa investigacion de urbanismo, da cronoloxía da croa e do castro para seguir aportando datos a través do material atopado. O segundo é continuar coa posta en valor descubrindo novos elementos arquitetónicos e consolidandoos. E o terceiro obxetivo é sacar os datos para a reconstrución virtual de como sería a arquitectura da croa, "evidentemente sen escavar toda a croa é simplemente unha hipótesis, pero é algo que se está a facer e é moi didactico e explicase moi ben", remata dicindo o arqueólogo.

Nesta campaña que durará todo o mes de xuño traballarán 10 persoas, dous arqueólogos, un técnico especializado en fotogrametría, catro peons auxilaries de arqueoloxía, un arqueólogo que se ocupará do estudio e inventario do material atopado, unha restauradora e un auxiliar de restauracion.

35168703_473180313139085_1471975332033593344_o
0.13074588775635