Comezan a traballar no servizo de atención temperá de Vilalba, Guitiriz e Xermade

TerraChaXa
Xa está en marcha o Servizo de Atención Temperá que se realiza de xeito conxunto entre os concellos de Vilalba, Guitiriz e Xermade.
nenos atencion tempera
1 Aug 2021

Xa está en marcha o Servizo de Atención Temperá para a atención integral a nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade, que se realiza de xeito conxunto entre os concellos de Vilalba, Guitiriz e Xermade.

En Guitiriz, a atención lévase a cabo na aula multiusos do Telecentro (planta baixa). Os usuarios ou usuarias terán que ser derivados polo servizo de pediatría do Sergas e haberá que pedir cita previa no teléfono 618 752 574. Guitiriz contará seguinte persoal: un terapeuta ocupacional (martes de 10 a 15 h. e venres de 15:30 a 20:30 h.), un logopeda (luns de 16 a 20 h., mércores de 10 a 14 h. e venres de 16 a 19:30 h.) e un fisioterapeuta (martes de 15:30 a 19:30 h.).

A atención temperá enténdese como o conxunto de intervencións, dirixidas á poboación infantil, á familia e á contorna dos menores que teñen por obxecto dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan as crianzas con trastornos no seu desenvolvemento ou que teñan risco de padecelos.

En Vilalba, están xa a contactar coas familias para citalas, co obxectivo de comezar a traballar o antes posible cun equipo interdisciplinar formado por 3 profesionais en logopedia, terapia ocupacional e fisioterapia.

En Xermade tamén iniciaron o procedemento para comezar a atención personalizada das familias que necesitan deste sistema de apoio.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16477108001709