Comezan as actividades medioambientais da Deputación na Casa das Insuas
Comezan as actividades medioambientais gratuítas nas Insuas do Miño, promovidas polo Goberno da Deputación. 36 alumnos de 4ª curso da ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participaron xa na primeira actividade programada: unha saída ao campo para a observación de morcegos. O domingo, 6 de maio a ANPA do Colexio Anexa de Lugo visitarán este espazo natural, mentres que o martes, 15 de maio, serán os alumnos do IES A Pinguela de Monforte os que participen nas actividades.
Os interesados en participar nestas actividades medioambientais totalmente de balde que oferta o Goberno da Deputación na Casa das Insuas poden solicitalo a través do teléfono 982 227 812.
O Centro de Conservación e Estudo da Natureza Casa das Insuas atópase na antiga Casa Consistorial do Concello de Rábade. O Goberno da Deputación desenvolve neste espazo un programa de actividades de educación ambiental que complementan as ofertadas no Centro de Interpretación de Terras do Miño, durante o terceiro e cuarto trimestre do ano. Na pasada anualidade leváronse a cabo 17 actividades nas que participaron máis de 350 lucenses.
Xornada de observación de anfibios e réptiles; Introdución práctica ao radioseguemento; Xornada de observación de bolboretas; Xornada de observación de libéluas; Limpeza do río Miño en paddle surf; Ferramentas cartográficas dixitais para naturalistas; Limpeza e restauración da Pedreira do Marco (Begonte); Revisión das caixas-refuxio de morcegos nas insuas do Miño; Saída ao campo para a observación de morcegos; Obradoiro de revoco de barro; Xornada de ilustración da natureza; Montes comunais: oportunidades para a conservación da natureza; Curso sobre construción de caixas niño; Conservación da biodiversidade asociada a prados seminaturais atlánticos; Xornada de construción de refuxios para fauna; Curso de mosaicos; Campamento de Nadal na Casa das Insuas.