Comezan as escolas deportivas e as actividades para os adultos en Alfoz

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
5 Out 2019

A delegación de Deportes do Concello de Alfoz, ao frente da cal está o edil César Marrube, anuncia que en outubro dan comezo as Escolas Deportivas Municipais, EDM, así como tamén as actividades deportivas para adultos.

As EDM incluirán as modalidades de patinaxe, fútbol campo e fútbol sala. Están dirixidas aos rapaces e rapazas de 4 a 16 anos do concello. En patinaxe mantéñense dous grupos, segundo a idade, que terán clase os venres, en horario de 16.00 a 17.00 e de 17.00 a 18.00 horas.

Respecto ao fútbol, as EDM traballan conxuntamente co A.D.Río Ouro, clube de fútbol formado esta tempada cos alumnos e alumnas das EDM de Alfoz e O Valadouro e co que están a competir en distintas categorías. Deste xeito a oferta inclúe as categorías: biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete en fútbol e/o fútbol sala. 

As inscripcións entregáronse nos centros educativos de Alfoz para anotarse nas diferentes modalidades elexidas, que se levarán a cabo desde outubro ata maio. 

As Escolas Deportivas Municipais de Alfoz son gratuítas para os participantes.  

No referente aos adultos, continúa a oferta de clases de ioga e ximnasia de mantemento. Tamén desde outubro a maio. Neste caso, os interesados e interesadas deberán acudir ao Concello para cubrir as fichas de inscripción.

As clases de ximnasia de mantemento serán os martes de 19.00 horas a 20.00 e os xoves de 17.45 a 18.45 horas. E as de ioga serán os luns e mércores de 18.30 a 19.30 horas.

0.12586998939514