Comezan as obras da balsa de Vián na Pastoriza
O Concello da Pastoriza iniciou as obras de construción dunha balsa contraincendios e servizos gandeiros na parroquia de Vián.
Trátase dunha obra moi esperada e demandada pola veciñanza que conta con 23.400 euros de orzamento a cargo do Plan Único da Deputación provincial.
Esta infraestrutura súmase ás de Miñotelo (Aguarda) e Bretoña, que foron construídas o ano pasado.
Trátase dunha balsa de grandes proporcións que ten a dobre finalidade de utilizarse como depósito de auga para o servizo de protección contra incendios e tamén para usos gandeiros, xa que se pode utilizar para alimentar ao gando nos tempos de seca.
OUTRAS OBRAS
Por otra banda, tamén se realizaron traballos nas últimas semanas no servizo de traída de auga a diversas casas de Miñotelo, limpeza e roza da balsa antiincendios e de uso gandeiro de Lagoa, e das fontes de San Cosme de Piñeiro, así como a roza dos xardíns do Concello.