Comezan as obras da escola infantil da Barosa nas Pontes

TerraChaXa
O Concello das Pontes puxo en marcha, esta semana, as obras de mellora das infraestruturas e equipamento da escola infantil municipal A Barosa.
68748729_137655690816169_2285584593371267072_o
22 Nov 2019

O Concello das Pontes puxo en marcha, esta semana, as obras de mellora das infraestruturas e equipamento da escola infantil municipal A Barosa.

Os traballos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), cun orzamento de 27.000 euros, teñen como obxectivo prioritario acondicionar a zona exterior da aula destinada ao alumnado dun ano, aumentado as medidas de protección e seguridade coa incorporación dun valado e a instalación de pavimento de caucho de absorción de impacto para poder ofrecer a máxima protección ao alumnado ante o risco de caídas.

Esta achega tamén permitirá mellorar o equipamento preciso para o desenvolvemento da actividade no comedor escolar coa adquisición dun lavalouzas e unha secadora. Nese sentido desde o departamento de Benestar Social apunta que “a escola ten capacidade para 91 menores en xornada de mañá. Durante os primeiros anos empregaban o servizo de comedor 25 nenos e nenas, na actualidade a cifra chega ata os 60 polo que a cantidade de menaxe que é preciso lavar aumentou considerablemente e resultaba imprescindible dispoñer de equipamento industrial”.

Asemade esta achega permitirá a adquisición de pizarras dixitais e reprodutores musicais que permitirán dar un impulso á innovación da pedagoxía a través da posta en marcha de actividades multisensoriais que achegará ao alumnado ás novas tecnoloxías e potenciará o desenvolvemento da coordinación corporal, a motricidade, a relaxación ou a memoria, entre outras.

0.18033909797668