Comezan as obras de ampliación da rede saneamento en Boveda, Begonte

O Concello de Begonte iniciou as obras de ampliación da rede saneamento na parroquia de Bóveda, obras que están financiadas por Augas de Galicia e teñen un orzamento de 49000 euros.
Os traballos teñen dous meses de prazo para executarse e a empresa adxudicataria é Hmns. Pico Yañez.
Ademais, o Concello segue a traballar na mellora da rede viaria municipal, apostando polo arranxo das mesmas con mistura bituminosa de aglomerado en quente.
En concreto nestes días traballouse na estrada que vai dende a Hermida a Donalbai, a estrada de Baldomar o campo de fútbol de Saavedra, e o núcleo de Baldomar.