Comezan as obras de ampliación e mellora do polígono industrial da Pastoriza

TerraChaXa
A actuación contempla a dotación de beirarrúas, rede de saneamento e canalización eléctrica
obras-mellora-poligono-a-pastoriza
19 Oct 2025

Deron comezo na Pastoriza as obras de mellora e ampliación do parque empresarial do municipio, co obxectivo de responder ao interese de varias compañías que manifestaron a súa intención de instalarse nesta superficie industrial. A iniciativa conta cunha axuda da Consellería de Economía e Industria que ascende a 96.000 euros, acadada a través dunha convocatoria de concorrencia competitiva, e suporá un investimento que supera os 109.000 euros xunto aos 24.000 de achega municipal.

A previsión é que as obras estean concluídas antes de finalizar o ano. A actuación contempla a dotación de beirarrúas, rede de saneamento e canalización eléctrica, co fin de deixar plenamente equipadas unhas catorce parcelas, que se distribuirán en solares de arredor de mil metros cadrados. Estas parcelas poñeranse á venda a un prezo reducido, coa intención de atraer empresas que xeren emprego e impulsen a economía local.

Ademais, o executivo municipal prevé que a venda destes terreos permita dispoñer de recursos económicos para adquirir solo apto co que impulsar a construción de vivenda pública, outra das necesidades que o Concello considera prioritarias para o futuro inmediato.

Por outra banda, continúan a bo ritmo tamén as obras da futura área de autocaravanas e as da rúa Calexón.

⚙ Configurar cookies
0.084646940231323