Comezan as obras de asfaltado na estrada da parroquia begontina de Viris

TerraChaXa
Comenzo das obras do firme da estrada entre a LU-P 0802 en Begonte, ata o Cinturón comarcal, LU-P1611, atravesando pola parroquia de Viris.
estrada obras begonte viris
9 Nov 2022

O alcalde de Begonte, José Ulla, e o tenente de Alcalde, Luis Luaña, supervisaron o comenzo das obras de mellora do firme da estrada que vai dende a LU-P 0802 en Begonte, ata o Cinturón comarcal, LU-P1611, atravesando pola parroquia de Viris.

Esta actuación consiste na rexeneración integral da vía con mezcla bituminosa de aglomerado en quente. O custe da obra ascende a case 90000 Euros que son financiados pola Xunta de Galicia e o Concello.

"Con esta actuación conseguimos unha mellora na seguridade e no confort para todos os usuarios de dita estrada", explica José Ulla.

Esta obra forma parte do plan de mellora do plan de estradas municipais, "co que queremos mellorar as vías principais que vertebran o noso concello con aglomerado en quente", engade.

"Así tamén trasladaremos a Deputación Provincial a necesidade de unha rexeneración integral da estrada Provincial LU-P0802 de Begonte a Santalla, que xa provocou queixas veciñais, dos veciños de Donalbai, Senande e Santalla, que xa lle foron trasladas o deputado delegado de Obras, José Tomé", afirma.

0.17095184326172