Comezan as obras de instalación dun ascensor na Casa Consistorial meirense

TerraChaXa
O Concello de Meira segue na súa liña de mellorar a accesibilidade no propio edificio consistorial.
IMG 20190307 WA0002
18 Mar 2019

O Concello de Meira segue na súa liña de mellorar a accesibilidade no propio edificio consistorial. Así, está preparando o oco para un ascensor adaptado e homologado, ademais de levar as ramplas de acceso ao mesmo.

Aínda que o Concello meirego forma parte do que fora un monasterio medieval, estanse a respetar os materiais e as zonas. Así o Concello destinou unha partida de 70.000 euros para este proxecto, no que ademais entra a reubicación da oficina de turismo, que estaba ubicada na praza do Convento e agora estará na parte frontal do consistorio.

Tamén, dende o Concello comunican que queren instalar en Meira a oficina comarcal de Correos que beneficiará a todos os veciños da contorna, ademais de ser unha reivindicación dos comerciantes e empresarios da zona, xa que a oficna actual ten un horario moi reducido que é de luns a venres ata ás 11 da mañá.

AUTOCARAVANAS

Ademais co fin de atraer a máis turismo, están a crear unha área de autocarvanas nunha leira de titularidade municipal situada en fronte da residencia de maiores financiada co Plan Único 2018.

0.17026805877686