Comezan as obras de reconstrución da ponte sobre o río Miño en Castro

TerraChaXa
Os servizos de Xestión Territorial da Deputación de Lugo, que dependen directamente do presidente, José Tomé, están a reconstruír a ponte sobre o río Miño que se encontra na estrada provincial LU-P-1104 cun investimento de 50.
18 Feb 2020

Os servizos de Xestión Territorial da Deputación de Lugo, que dependen directamente do presidente, José Tomé, están a reconstruír a ponte sobre o río Miño que se encontra na estrada provincial LU-P-1104 cun investimento de 50.000 euros. Os traballos xa deron comezo e obrigan a cortar esta ponte ao tránsito de vehículos durante o tempo que duren as obras.

A Deputación terá debidamente sinalizados desvíos alternativos en diferentes lugares, facilitando a circulación pola estrada LU-113, nos puntos quilométricos 9,1 e 16,5; tamén na LU-113, no quilómetro; pola LU-P-1611 e ademais pola LU-120.

As obras, moi demandadas pola poboación e polo Concello, consistiron no recheo do terreo antes da entrada da ponte dende Bazar, xa que co peso dos camións esa parte da vía abriuse e tiña unha importante grieta.

0.13993000984192