Comezan as obras de renovación da rúa Pardo Bazán

TerraChaXa
O Concello das Pontes iniciou esta semana as obras de mellora de servizos e pavimentos na Rúa Pardo Bazán nas que inviste 356.000 euros.
rua pardo bazan as pontes
5 May 2022

O Concello das Pontes iniciou esta semana as obras de mellora de servizos e pavimentos na Rúa Pardo Bazán, un proxecto cun investimento de 356.124 euros, procedentes da Deputación da Coruña coa eliminación do peche vexetal da área deportiva ubicada no viario.

As obras de renovación da Rúa Pardo Bazán están destinadas a mellorar accesibilidade da zona, cumprindo coa normativa vixente, para o que será necesario ampliar o ancho das beirarrúas e eliminar os bordos, os desniveis e as ramplas para deixar a rúa á cota do viario, optando pola mesma solución estrutural e estética desenvolvida noutras zonas do casco urbano.

Entre os traballos previsto inclúese a renovación dos firmes e pavimentos, tanto para o tráfico rodado como peonil que serán substitutos por baldosas de formigón e por aglomerado bituminoso. Así mesmo crearase unha zona de aparcadoiro en batería, manténdose o aparcadoiro que actualmente dá servizo ás instalacións deportivas da zona.

Esta actuación tamén contempla a execución dun novo sistema de saneamento, a través da creación dun sistema separativo de aguas pluviais e fecais, realizando as acometidas oportunas con cada unha das edificacións existentes, mantendo, no casos que sexa posible, os colectores e os pozos existentes para conectalos coas novas redes. Os traballos tamén permitirán mellorar o alumeado existente, substituíndoo por un novo de maior eficiencia enerxética, coa instalación de novos báculos e luminaria led.

Por último, co obxectivo de mellorar a calidade de vida da veciñanza, crearase un espazo de lecer que incluirá un parque infantil, un parque biosaudable e un espazo de reunión. Os traballos rematarán coa plantación de especies arbóreas e a instalación de mobiliario urbano (bancos, xardineiras e papeleiras) e a sinalización horizontal e vertical do viario.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16817307472229