Comezan as obras de vías en parroquias das Pontes

TerraChaXa
Este proxecto, cun orzamento de 58.
faucet 1684902_1920 e1596717962701
16 sep 2020

Este proxecto, cun orzamento de 58.617, euros, forma parte do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 e permitirá a rehabilitación superficial dos viarios en Terbá e O Cornocelo, así como a ampliación da plataforma no vial de Marraxón, para dotalos da calidade estrutural, comodidade e seguridade necesarias neste tipo de estradas.

Realizaranse actuacións de varrido de superficie e limpeza de marxes. Procederase ademais á limpeza das cunetas e á eliminación de vexetación que invada o vial así como ao fresado firme existente para realizar correctamente o entroncamento coas estradas existentes.

En Terbá, estenderase unha nova capa de rodadura de formigón bituminoso mentres que no vial do Cornocelo procederase á mellora do firme coa reparación dos baches existentes e a execución dun primer rego semiprofundo e un dobre tratamento superficial con grava, continuando co mesmo tipo de afirmado existente na actualidade.

No caso do viario de Marraxón, procederase á ampliación da plataforma en 50cm dentro da zona de dominio público mediante a compactación dunha capa de zahorra artificial e unha capa de hormigón bituminoso de 6 cm. Todas as actuacións complentaránse coa sinalización horizontal e vertical dos tres viarios.

 

0.15504193305969